02/04/18

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo para poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Cartel Confederación Autismo España

Velaquí vos deixamos o conto "Por catro esquiniñas de nada", os seus protagonistas son figuras xeométricas; un cadrado e varios círculos. A mensaxe que nos transmite é a de aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarios con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou maneira de ser.
Narración adaptada por Mayte Calavia con alumnos do CEIP O Espartidero de Zaragoza

Ningún comentario:

Publicar un comentario