23/04/18

Éranse unha vez os libros...

"Éranse unha vez os libros..." é o título da exposición de exemplares antigos de libros de texto da que poderemos gozar ao longo destas semanas na Biblioteca do Checho co gaio do "Día do libro", que se conmemora cada 3 de abril.


Esta conmemoración busca fomentar a lectura e protexer a industria editorial e os dereitos de autor. En 1995 a UNESCO aprobou a celebración do Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor. A data elixida decidiuse ao tratarse dunha data transcendente na historia da literatura. Foi un 23 de abril cando morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso da Vega...


Nesta exposición poderedes observar detidamento como eran os libros (cartillas de lectura, libro de contos e poesías, leccións de xeometría, historia ou ciencias sociais...) cos  que estudaban os nenos e nenas a mediados do século XX.
Recomendámosvos que contempledes polo miúdo: os contidos, calidade do papel, imaxes, presentación...). Asemade, comparádeos cos vosos libros actuais, ides  abraiar coas diferenzas pero tamén coas semellanzas.


Grazas profe Tito por emprestarnos estes grandes tesouros!!!


Asemade, podemos observar no corredor da biblioteca o mural do "Día do Libro 2018" elaborado polos compañeiros e compañeiras de 5º de Primaria. Reflicte o libro favorito de cada un recollendo: título, autor, sinopse  e ilustración representativa.
Tras a lectura de libros en galego, elaboramos un traballo para presentar visualmente ese exemplar aos compañeiros.
Feliz Día do Libro 2018!

Ningún comentario:

Publicar un comentario