22/04/18

Froita na escola!!

Rematamos as dúas semanas de reparto de froita de balde no período de lecer. Co programa "Froita na escola" do Plan Proxecto achegamos a todos os nenos e nenas do colexio unha comedela tan saudable como é a froita.

Ao longo deste última semana, puidemos degustar piña, pera, amorodos, arándanos, plátano e mandarina. Abofé que foi un éxito!!!
Esperamos que continuedes traendo froita fresca ao colexio como refrixerio.
Recorda que os mércores seguen sendo... Mércores, Día da Froita!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario