17/04/18

Ponlle pilas ao teu bocata

O venres 13 de abril,participamos nun obradoiro de alimentación onde nos amosaron os beneficios das conservas dos productos do mar. Dita campaña, promovida pola Consellería do Mar, denomínase " Ponlle as pilas ao teu bocata".

Viñeron ao colexio dúas monitoras para ensinarnos a todos o saudables que  poden ser os bocatas de conserva acompañados dos elementos que nos quixeramos ( leituga, millo, olivas...).
Comenzaron decíndonos que se chamaban PANS: Profesoras de Alimentación e Nutrición Saudable.
E despois, fixeron unha rolda de preguntas relacionadas co medio mariño e as súas especies.




Os máis pequenos do colexio realizaron uns quebracabezas sobre tres animais mariños:
sardiña, atún e mexillón.
Os maiores xogaron ao trivial, onde de tres posibles respostas, tiñan que escoller a verdadeira.

Ao remate, agasalláronnos cunhas gorras moi coloridas... 
.... e escollemos o contido do noso bocata, para despois degustalo.


Foi unha actividade moi instrutiva na que aprendimos como as especies mariñas en conserva, combinadas con vexetais, nos aportan unha chea de enerxía que precisamos para medrar fortes e sans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario