18/04/18

Xoguetoloxía

O luns  16 de abril, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participamos nun obradoiro organizado polo Concello de Pontevedra, "Xoguetoloxía".

Nesta ocasión, tiñamos que organizar unha festa coa condición de que non podiamos ter nada nas mans e nos petos. Foi máis doado do que creiamos!!!
Nós mesmos argallamos actividades coas que entreternos!
Organizamos xogos acumulativos nos que participamos todos e todas.
Resultou moi divertido...

Ningún comentario:

Publicar un comentario