19/04/18

Superheroes...

Os nenos e nenas de 1º de Primaria fixemos un proxecto sobre os "Superheroes" e creamos diferentes familias nas que cada un dos seus membros posuía un superpoder. Creamos historia e descripcións orais con todos eles.
Tamén inventamos a canción  "Son un superheroe" que a continuación podedes escoitar:




Como obradoiro final podemos mostrarvos os debuxos e as maquetas elaboradas en plastelina por todos nós.
A familia "Pantasmiñas", ideada por Xián, Zoe e Antón:


A familia "Superpolicías", inventada por Joel, Ainara e Bea:


A familia "Diferentes", enxeñada por Teo, Iris e Yanira:



Con todas estas actividades, aprendemos moito sobre a importancia de axudarnos uns a outros e comprendemos que todos posuïamos calidades diferentes que podían ser aproveitadas polo grupo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario