Ao longo destas dúas últimas semanas, organizamos no colexio "Almorzos saudables", unha iniciativa promovida pola Consellería de Sanidade que busca fixar hábitos saudables na alimentación do alumnado e mellorar a súa saúde bucodental.
Deste xeito, recordáronnos a importancia que ten para a saúde o almorzo -como primeira comida do día- e as variacións que se poden facer, para conseguir unha alimentación variada, equilibrada e san.
Comezamos cunha breve charla informativa sobre a importancia do almorzo e dunha dieta equilibrada para acadar un desenvolvemento san. Josefa e Sofía explicáronnos a pirámide dos alimentos, que nutrientes aportan a nosa dieta, a súa función no organismo (reguladores, construtores, enerxéticos...)...
Logo, elaboramos e degustamos un saudable almorzo "francés": leite, cacao, zume de laranxa natural, pan integeral, manteiga, marmelada de amorodos e un croisant de panadaría. En definitiva, incorporaba produtos con todo tipo de nutrientes, e unha oferta variada de alimentos, en cantidades axeitadas desde o punto de vista nutricional...
Mmmm..., encantounos!!!
Concluimos con outra charla sobre saúde bucodental e sobre técnicas de cepillado da man de Tomasita, unha dentadura xigante que lavaba os seus dentes cun cepillo enorme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario