04/05/18

Roteiro Castelao

O pasado xoves 3 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estivemos percorrendo a cidade de  Pontevedra facendo o "Roteiro Castelao".
Comezamos a visita diante do Café Moderno, recoñecendo a cada un dos membros da Tertulia Literaria.

Despois, o noso guía  fíxonos un percorrido polos lugares máis emblemáticos da vila por onde vivíu, paseou e aconteceron feitos relevantes na vida do escritor.
Así, vimos a Praza da Ferrería, da Verdura, da Leña...

O Museo, os arcos da Igrexa de San Bartolomé...

O Sexto Edificio do Museo, a Praza de Mendez Núñez...
... e moitos outros lugares da zona vella da cidade; relatando  acontecementos históricos e anécdotas. 
O percorrido rematou na Praza de Santa María, diante da escultura de bronce adicada ó poeta.
Gustounos moito e aprendemos moitas cousas deste personaxe que non sabíamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario