28/05/18

Cóntame un conto: Letras Galegas 2018

Coa celebración da Semana das Letras Galegas, en Educación Infantil volveron a gozar dunha semana chea de lectura de contos. Esta vez foron os compañeiros e compañeiras maiores os que fixeron de "contacontos" e onde se esforzaron para que os máis cativos do cole o estiveran atentos e o pasaran  ben... e así o fixeron...XENIAL!
O luns comezou Manu coa lectura do conto clásico "Os sete cabritos" e o fixo xenial, soamente hai que ver as caras dos pequerech@s...

 O martes visitounos Pedro co conto " Un gato na árbore" cunha lectura interactiva que foi moi aplaudida polos nenos e nenas de E.I....

O mércores Inés contoulles o conto " O segredo de Flora" que tivo a tódolos alumnos atentos xa que o contou moi ben....

E por último o venres foi Yomara co conto que tanto lles gusta "Os tres bandidos" e que lles encantou como lles leeu este conto...
MOITAS GRAZAS!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario