22/05/18

Enquisa alumnado: Biblioteca, Plan Proxecta e PDI "Meu amigo o robot"

Cando se achega o final de curso, publicamos unha enquisa coa que pretendemos coñecer a vosa opinión sobre as actividades que se organizaron e levaron a cabo no centro para desenvolver os Plans e Proxectos traballados.
Os Equipos de Biblioteca, Dinamización Lingüística e TIC´s, traballamos arreo para organizarvos actividades de animación á lectura e escritura, elaborar vídeos e exposicións, ter actualizado este blog, promocionar actividades que fomentasen a participación das familias... 
Co obxectivo de valorar o noso quefacer diario, e ter en conta a vosa opinión e percepción do labor realizado, pedímosvos un anaco do voso tempo para encher esta enquisa que nos servirá coma punto de partida para programar as liñas de actuación do vindeiro curso. 
De antemán, agradecemos todas as vosas aportacións!!
Velaquí tedes o cuestionario:


Se preferides velo a pantalla completa premede AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario