09/05/18

Cóntame un conto

A semana pasada, en Infantil celebramos a "Semana do Libro", chea de contos cunhas invitadas moi especiais..., as nais de nenos e nenas das aulas de Infantil.
Grazas á actividade de animación á lectura "Cóntame un conto",  durante a  semana viñeron á primeira hora da mañá para contarnos un conto e empezar ben o día...
Grazas a Maika, a nai de Manuela, Patri, a nai de Manuel, Yasmina, a nai de Thiago e a Vanesa, a nai de Jose, puidemos gozar dunhas sesións de contacontos que nos encantaron...
E para rematar, unha foto de recordo cos nenos e nenas de Infantil que, para agradecerlles a visita, lles regalamos uns debuxos feitos con moi agarimo.
Se queredes desfrutar dos contos que nos tiñan tan atentos, só tendes que buscalos na biblio... e a ler!!!


                                             


Ningún comentario:

Publicar un comentario