10/05/18

Unha historia de amor: María Victoria Moreno

O pasado 7 de maio, tivemos no colexio a primeira das actividades que imos realizar co gallo da Semana das Letras Galegas, que como sabedes adícase a escritora María Victoria Moreno.
Recibimos a visita do colectivo Polo Correo do Vento, e mentras un dos monitores encandilaba ós rapaces cunha historia sobre a escritora, o outro realizaba unha ilustración mural relacionada.
Fixeron unha pequena biografía, falaron das súas publicacións e relataron anécdotas da súa vida. Posteriormente entablaron cós alumnos unha rolda de preguntas e respostas.
Para rematar guiaron ós nenos na realización dunha carauta da escritora.
Aprenderon dunha maneira lúdica moitos feitos relacionados con esta autora e deixaron constancia da súa arte pictórica nos retratos que fixeron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario