Na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, o día 18 de maio, ás 18:00 horas e previa inscrición, o público infantil de 8 a 12 anos poderá participar de balde no taller de improvisación musical: "Eu conto, ti cantas".
Obradoiro no que partindo de fragmentos da obra de Mª Victoria Moreno, os participantes crearán por grupos cancións en diferentes estilos musicais, que, posteriormente, serán postas en común.
![]() |
Prema AQUÍ se queres máis información |
Asemade, ofrece o día 25, ás 18:00 horas, unha sesión de narración oral, Ruta propia, para nenas e nenos a partir dos 3 anos. Non é preciso inscribirse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario