18/12/18

Convite ao Festival de Nadal 2018!!!

Convidamos a toda a Comunidade Educativa do CEIP A Carballeira de Lourizán ao Festival de Nadal 2018 que se celebrará no centro o vindeiro venres 21 de decembro a partir das 11:30h. 


No programa do festival, reflectimos as actuacións que desenvolverán os diferentes cursos de Infantil e Primaria. 

Aproveitamos a ocasión para invitarvos a participar, un ano máis, na "Operación quilo", unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros para axudar ás persoas que máis o necesitan. Todas aquelas familias que desexedes colaborar, poderedes entregar no centro a vosa doazón antes da entrada ao Festival.

Boas Festas e Feliz 2019!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario