09/01/19

FESTIVAL DE NADAL 2018

Como tódolos anos, polo Nadal, levamos a cabo o noso festival no colexio, que contou con Ariadna e Anxo como presentadores.

Todas as actuacións estiveron á altura dos grandes artistas que son os nenos e nenas do noso centro. 
A fantástica obra de teatro "Os Reis Magos desorientados", argallada pola profe Hermitas e interpretada maxistralmente por case todo o alumnado do colexio, resultou toooodo un éxito!!!
As panxoliñas por parte do alumnado de Educación Infantil, marabillosas.
"A voda do piollo máis a pulga" conto musicado .4º E.I.

"Chegou o Nadal" 5º E.I.

"Xa me tardan estes magos" 6º E.I.

Tamén gozamos de dous bailes con moito ritmo.
                           Twist de Navidad.Interpretado polos nenos/as de 1º e 3º,e....
                                    ... "Osito Gominola"  polos raparigos de 2ºde Primaria.


Non podía faltar á cita o Acrosport, esta vez para mostrar as habilidades ximnásticas dos nenos de 3º.

Após do acrosport, gozamos coa actuación dos nenos de 4º, e a súa interpretación da canción dos Beatles " Submarino Amarillo".
E para rematar, dúas fermosas panxoliñas. A primeira delas, interpretada polos maiores de 5º: "Sólo con tres letras", onde mesturaron a percusión cos palillos chineses e coa interpretación vocal.
E a última, "Un Belén en cada hogar", onde subiron ó escenario alumnos/as de varios cursos.

Como todos os anos recibimos a visita dun dos Reis Magos que nos agasallou cunhas lambetadas e un galano.

Foi un festival cheo de ledicia, sorpresas, sorrisos e agarimo.
Grazas a todos e todas os que colaborástedes para que este día resultara máxico para os máis novos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario