Os nenos e nenas de 2º de Primaria divertímonos unha morea nesta última sesión de robótica.
Aprendemos como darlle ordes e controlar o robot mBot coa tablet grazas as apps "Makeblock" e "mBlock".
En grupos e individualmente, fomos familiarizándonos co entorno das diferentes apps e afixémonos axiña aos diferentes comandos e as súas funcións.
Rimonos e pasámolo fenomenal cos nosos erros e os nosos acertos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario