O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e para conmemoralo no colexio, elaboramos un fermoso mural e eliximos un dos seus poemas para desenvolver diferentes obradoiros nas aulas...
Os rapaces e rapazas de Educación Primaria, realizamos un obradoiro de poesía e escrita. O poema que seleccionamos foi "!Pra a Habana!" que versa sobre a emigración e o exilio.
Os rapaces e rapazas de Educación Primaria, realizamos un obradoiro de poesía e escrita. O poema que seleccionamos foi "!Pra a Habana!" que versa sobre a emigración e o exilio.
"¡Pra a Habana!" atópase en Cantares galegos, segundo poemario de Rosalía de Castro, publicado en 1863.
Despois de traballalo nos diferentes niveis, levamos a cabo un obradoiro de radio gravando diferentes audios con cada verso e estrofa.
Namentres, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil organizaron un obradoiro de debuxo, obtendo un fabuloso resultado. Despois de traballalo nos diferentes niveis, levamos a cabo un obradoiro de radio gravando diferentes audios con cada verso e estrofa.
Estas actividades permitíronnos coñecer mellor a figura e obra da nosa grande poetisa Rosalía de Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario