19/02/19

Orbil, visita sorpresa!!!!

Onte, os nenos e nenas do CEIP A Carballeira recibimos unha pracenteira sorpresa.

Orbil, a mascota do Salón do Libro de Pontevedra, visitounos.
Foi sensacional; saudounos a todos e todas, deunos unha morea de apertas e máis de un e unha se cinguiron cos brazos a súa cintura.
Fotagrafámonos con el todiñas as aulas!!!
Antes de rematar, Orbil quixo visitar a nosa Biblioteca do Checho e coñecer ao Berberecho Checho...
Sabedes que ocorreu??? Pois que sentou a ler e, nun intre, entroulle a fame ao ver os saborosos libros dos andeis, de xeito que  tomou un refrixerio...
Unha vez cheo o bandullo, como nos xa estabamos recollidos nas aulas, despediuse das nais que andan argallando os nos novos disfraces de entroido e marchou.
Orbil, grazas pola inesperada sorpresa!!! 
Axiña nos vemos no XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario