16/02/19

WeDo 2.0 bluetooth " O cascarolo coruscante"

Esta semana os nenos e nenas de Primaria traballaron co kit de LEGO: WeDo 2.0 bluetooth. A actividade traballada foi "O cascarolo coruscante".


Primeiro construiron o modelo coas pezas correspondente. A continuación, conectaron o cascarolo á tableta por bluetooth e, finalmente, programáronos coa app WeDo 2.0 instalada na tableta. 
Foi xenial. Con este proxecto, inicíamonos na construción e programación de robots coa aplicación WeDo 2.0.
Agárdannos unha morea de novos proxectos!!!
Xa vos iremos contando...

Ningún comentario:

Publicar un comentario