Previamente, realizamos unha ampla selección de libros de diferentes xéneros (poesía, narrativa e teatro) escritos en verso.
Amais deste taller, nas aulas organizáronse actividades creativas ao redor da poesía (declamáronse versos, traballouse a estrofa, rima...).
Así, na aula de 2º de Primaria, aproveitando o tema dos animais que están estudando, elixiron o cancioneiro infantil "Eu ben vin, virivín" de Manuel Rico Verea que recitaron en voz alta, con entoación e sentimento.
Esta exposición e recompilación de libros en verso, estará a vosa disposión ao longo das vindeiras semanas. Xa sabedes...
Se da poesía queredes gozar,
na Biblioteca do Checho podémoscha achegar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario