25/03/19

Pescudando sobre os oficios en 2º de Primaria

Os compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria, aproveitando que na aula están tratando os sectores económicos, elaboraron un traballo colaborativo de investigación e documentación sobre diferentes oficios que logo clasificaron en función do sector da economía que comprendía dita actividade. 
Velaquí tedes o marabilloso traballo que queren compartir connosco:

Esta labor de indagación sobre cadansúa profesión, contou coa participación das familias, xa que, parte da información obtida foi recompilada previamente no fogar. 
Parabéns, aula de 2º de Primaria!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario