29/03/19

Lectura Fácil na Biblioteca do Checho

A Biblioteca do Checho pretende ser unha Biblioteca Inclusiva (nome dun novo programa da CCEOU, no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares),  que garantice a normalización, a igualdade de oportunidades e o acceso á lectura de todos os seus usuarios. 
Por iso, na nosa Biblio apostamos pola Lectura Fácil adquirindo fondos e libros que empregan unha linguaxe sinxela, clara e precisa; asemade, conteñen apoios visuais e/ou auditivos que favorecen a comprensión do texto escrito. A Biblioteca do Checho pretende ofrecer un modelo de lectura accesible a calquera usuario.



Como curiosidade,  existe un "logotipo europeo de lectura fácil". Se ves este logotipo nun documento, significa que é fácil de ler e entender. 

Logo europeo de lectura fácil
Se queres máis información sobre as regras e condicións de uso do logo europeo lectura fácil, preme AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario