Hai uns días, participamos na actividade "Almorzos saudables"; obradoiro de alimentación no que nos informaron dos beneficios que ten para a nosa saúde e benestar unha dieta variada e equilibrada sempre acompañada de actividade física.
Salientaron, principalmente, a importancia do almorzo e o imprescindible que resulta nos nenos e nenas para ter enerxía e crecer fortes e sans; que mellor forma de aprendelo que degustando un almorzo mixto???
No menú contamos cunha gran diversidade de alimentos: iogur, queixo de tetilla, pan, froita (plátano), friame de pavo, azucre, auga e, os maiores amais, froitos secos (méndoas, abelás, noces, ...).
Tamén, resaltaron a necesidade dunha axeitada hixiene buco-dental. Explicáronnos como cepillar correctamente os dentes.
Foi unha actividade ben entretida e saborosa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario