29/04/19

Fotos e fotos para o VI Certame Fotográfico

Lembrade que este venres 3 de maio remata o prazo para que nos enviedes as vosas fotos e participar no VI Certame Fotográfico: "Máquinas, antes-despois". 
Amosámosvos as novas achegas enviadas polos vosos compañeiros e compañeiras:
Nesta ocasión, as máquinas elixidas para amosarnos como evolucionaron co tempo foron: cámaras de fotos, ordenadores e máquinas de escribir, radio, arado,  televisión, balanzas, tradeo, desparafusador, ferro de pasar...
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración. Coas vosas fotografías xa case temos o corredor principal engalanado!!!
Aqueles e aquelas que queirades sumarvos a esta actividade, aínda estades a tempo de enviar as vosas imaxes ao e-mail: bibliotecadochecho@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario