O pasado venres, os nenos e nenas de 2º de Primaria, aproveitando que na aula están traballando o conto e a súa estrutura (presentación-nudo-desenlace), organizaron unha actividade de animación á lectura (apadriñamento lector) para que os máis pequenos do colexio, 4º de Infantil.
Comezaron a xornada visitando a Biblioteca para elixir os libros que logo lerían.
Unha vez seleccionados, prepararon en grupo a lectura de cadanseu exemplar coidando a entoación, o ritmo e a expresión corporal.
Despois do recreo, visitaron aos compañeiros e compañeiras de 3 anos para apadriñalos como lectores, fomentándolles o gusto pola lectura e a cooperación entre grandes e pequenos.
Foi unha xornada marabillosa centrada na maxia dos libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario