05/04/19

IX Certame Literario: "Máquinas no futuro"

Convocamos o IX Certame Literario: "Máquinas no futuro". Aproveitando a temática do noso PDI: "Meu amigo o robot 2", elixiremos unha máquina ou aparello actual, imaxinaremos como será no futuro e narraremos cal será a súa forma, que novas funcións incluirá, que tipo de enerxía empregará, con que materiais se construirá...
Para desenvolver o IX Certame Literario, organizaremos obradoiros de escrita e debuxo. Os mestres e mestras faranvos entrega das plantillas nas que idearedes a composición e/ou debuxo no que contaredes a evolución da máquina ou aparello que seleccionástedes.

Xa sabedes, comezamos a argallar ideas de como poderán ser as máquinas no futuro!!!
Esperamos as vosas creacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario