05/04/19

VI Certame Fotográfico

Convocamos o "VI Certame Fotográfico". Coma sempre, relacionado co PDI deste curso "Meu amigo o robot 2" e versará sobre a evolución das máquinas.
O tema do certame será: "Máquinas, antes - despois".
O único requisito das fotos, que aparezades vós nelas cunha máquina ou aparello de antes e o mesmo aparello na actualidade, permitíndonos observar a evolución da máquina co paso do tempo.

Solicitámosvos que enviedes as vosas imaxes por e-mail á seguinte dirección:
bibliotecadochecho@gmail.com
Todos aqueles que desexedes participar, tedes de prazo ata o venres 3 de maio. Agradecemos de antemán a vosa colaboración!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario