03/04/19

MEIGALLO

Xandobela trouxo ao noso colexio unha actividade, MEIGALLO, encamiñada a achegar a través dun xogo cooperativo, o patrimonio máxico galego aos nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria.
Fixemos equipos  e tiñamos que superar catro probas. Unha relacionada con lendas,


outra con ritos mediciñais,
outra con conxuros
 e a última con lugares xeográficos galegos.
Ao final, unha vez resoltas todas as probas, resolviamos un código co que conseguíamos como agasallo uns cornos de vacaloura.
Pasámolo moi ben !

Ningún comentario:

Publicar un comentario