24/05/19

Maio mes das Letras!!!

Ao longo do mes de maio traballamos no colexio o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, Antonio Fraguas Fraguas.
Nas aulas ensalzamos a figura do autor (investigación e documentación, obradoiros de recitación e teatro, traballamos a súa obra...) engalanamos os corredores...

O xoves, organizamos unha xuntanza na que homenaxeamos a figura de Antonio Fraguas. O acto foi presentado polas nosas compañeiras Lucía e Nerea de 5º de Primaria que o fixeron realmente ben. Parabéns rapazas, unha intervención moi ben preparada e traballada!!!
Empezamos cunha presentación biográfica sobre o autor, froito da labor de investigación dos maiores do colexio.
A continuación os nenos e nenas de 6º de Primaria escenificaron a obra de teatro "O casamento da Pulga" recompilado no "Cantigueiro de Cotobade " de Antonio Fraguas. Non podemos esquecernos de agradecerlle a profe Hermitas a súa enorme axuda para poder teatralizar. Tampouco nos esquecemos da profe de Música pois ensinoulles aos rapaces e rapazas a bailar unha muiñeira para a representación.

Logo, entregáronse os diplomas, por niveis, correspondentes aos traballos do IX Certame Literario: "Máquinas no futuro".
Despois, visualizamos un vídeo con todas as achegas das familias ao VI Certame Fotográfico: "Máquinas, antes-despois". Grazas a todos e todas os que colaborástedes nesta actividade!!!
Finalizamos coa entrega de diplomas e un agasallo para os participantes no VI Certame Fotográfico.
Non nos esquecemos as actividade organizada polas compañeiras de 5º de Primaria, unha busca do Tesouro para todo o alumnado do colexio e que levamos a cabo durante o recreo do xoves. Parabéns, rapazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario