O pasado mércores 15 de Maio, todo o alumnado de Primaria foi ao Xardín Botánico de Lourizán.
Fomos recibidos por Alberto, traballador do centro de investigación, que nos explicou un pouco a historia do famoso avogado Montero ríos, propietario desta finca.
Amosounos o palacio por fóra, os xardíns construidos entre finais do século XIX e principios do XX e o centro de investigación.
Despois Alfredo, bombeiro forestal, acompañounos no resto da visita: a mesa de pedra...As sequoias de grande tamaño...
As grutas...
O invernadoiro...Foi xenial e disfrutamos moitísimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario