"Palabras de caramelo" é un dos exemplares marcado no itinerario lector dos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria.
Hai uns días remataron a lectura do libro e, como actividade complementaria, realizaron na aula a presentación do mesmo traballando non só o hábito lector, tamén, a expresión oral, a comunicación, o diálogo, o respecto polos demais...; amais, serviulles para ser coñecedores da realidade social que está a vivir o pobo saharaui.
Aquí vos deixamos un fragamento da presentación da maqueta e síntese de "Palabras de caramelo" realizada por Gabriel de 6º de Primaria.
Aquí vos deixamos un fragamento da presentación da maqueta e síntese de "Palabras de caramelo" realizada por Gabriel de 6º de Primaria.
Vemos que a través desta actividade de animación á lectoescritura podemos alcanzar unha morea de obxectivos.
Parabéns rapaces. Moi bo traballo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario