25/10/19

Día da Biblioteca!!!

O 24 de outubro celebramos o "Día da Biblioteca" cunha xuntanza na que, Mikel e Nerea como presentadores, nos lembraron  que na biblioteca do cole podemos descubrir unha morea de aventuras, viaxar coa nosa imaxinación, vivir marabillosas historias... 
Presentáronnos o lema deste ano das Bibliotecas Escolares: "Biblioteca Escolar, viveiro de cidadanía", entendendo a biblioteca como un lugar para aprender a convivir con outros, para aprender valores democráticos, lugar para traballar respetando os Dereitos Humanos, a cultura e a Paz.
A continuación, ensináronnos os novos robots cos que seguiremos adentrándonos no mundo da programación e da robótica.
Logo, animáronnos a consultar o noso blog "O murmurio das palabras" para ser coñecedores da actualidade do cole.
Despois, presentáronnos as Bibliotecas de Aula.
Finalmente, fixeron entrega das Mochilas Viaxeiras que quincenalmente visitarán as nosas casas fomentando o goce da lectura en familia.
Esperamosvos na Biblioteca do Checho!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario