30/10/19

Samagosto 2019

Este ano celebramos no colexio o Samagosto unindo a festa do Samaín e o Magosto. 
Comezamos hai unhas semanas organizando un obradoiro de conxuros nas aulas co que engalanar o mural do corredor principal e encher a nosa pota de arrepiantes feitizos... 
Asemade, decoramos os diferentes espazos do cole. Por suposto, non faltaron as cabazas adobiadas na casa...
O martes, planificamos o día cunha morea de actividades. Comezamos caracterizándonos para o evento con disfraces e carautas.
Tamén gozamos dun "Contacontos de medo" en Primaria e Infantil a cargo da profe Begoña que nos fixo tremer...
Degustamos saborosas castañas e chourizos...
E rematamos entreténdonos cos xogos populares...
Preme AQUÍ para ver todas as fotos
Un día ben entretido. Feliz Samagosto a todos e todas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario