O pasado luns 11 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de Primaria puidemos gozar dunha actividade organizada polo Concello de Pontevedra e Aquagest titulada "Aquoloxía", na que nos iniciamos no coñecemento do ciclo urbano da auga.
Primeiro recordámolo interactuando coa monitora por medio de preguntas e respostas.
E despois fixemos varios experimentos como... sabedes como se forma unha nube?
Sabedes que as toalliñas de papel non se desfán e atascan os sumidoiros?
Beberíamos a auga sucia despois de colala ...?
Ou... todas as augas saben igual ?
O final gañámonos un diploma por converternos en expertos no correcto uso da auga.
Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas novas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario