Hai uns días os nosos compañeiros de 5º e 6º de Primaria asistiron ao auditorio Afundación de Pontevedra para participar na obra de teatro Troya, unha interesante interpretación sobre as fraudes tecnolóxicas.
"Troya" achegounos como os protagonistas desta obriña, Héctor, Helena e Alejandro, véronse afectados por este tipo de estafas.
Desde o programa de Educación Financeira de Afundación concienciáronnos dos riscos e necesidade de saber como protexer as nosas finanzas persoais. Fraudes tecnolóxicas, intrusión con software de control remoto, Apps que duplican as SIM, captación de identidades e outros perigos menos evidentes coma o cobro por incrementar a calidade dos videoxogos gratuítos, a descarga de tons ou as votacións en programas televisivos; situacións de risco que debemos saber afrontar.
Velaquí vos deixamos os traballos que posteriormente realizamos nas aulas:
Velaquí vos deixamos os traballos que posteriormente realizamos nas aulas:
Preme AQUÍ para ler os nosos traballos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario