14/11/19

Efecto PO2

O 13 de novembro todo o alumnado de Primaria participamos nunha actividade relacionada co medio ambiente e organizada polo Concello de Pontevedra: Efecto PO2.
Comezamos cunha rolda de preguntas e respostas sobre como mellorar o medio ambiente da nosa contorna.
Lorena e Sandra, as monitoras, mostráronnos un conto titulado "A miña cidade", que logo doaron á biblioteca.
Preguntáronnos como sería a nosa cidade ideal, e por grupos, pintamos unhas teas deixando voar a nosas imaxinación.
Estade atentos! A partir do 27 deste mes pederédelas ver expostas no Parque das Palmeiras, en Pontevedra, durante dúas semanas.
Alumnado 6º de Primaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario