16/12/19

Bo Nadal 2019!!!

Xa temos gañadora do Certame "Postais de Nadal 2019". Noemi, a nosa compañeira de 5º de Primaria, elaborou unha belísima e colorida postal para felicitarnos as festas a todos e todas.

Parabéns Noemi!!!


Aproveitamos para mostrar a nosa gratitude a todos os participantes neste certame de Postais de Nadal 2019. Velaquí tedes recompiladas todas as achegas:


Asemade, convidámosvos a que olledes o fantástico mural do colexio elaborado coas Estrelas de Nadal realizadas en familia. Magnífico!!!
Moitas grazas a todos e todas os que fixéstedes posible engalar os nosos corredores coas vosas creacións.
Unha vez elixida a postal coa que felicitar as festas e rematada a ambientación do colexio, mergullámonos de cheo na preparación do Festival de Nadal. En breve darémos a coñecer o programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario