Continuamos traballando as competencias STEM nas aulas. As grandes posibilidades que nos ofrecen os desafíos en programación e robótica favorecen o noso pensamento computacional.
Os pequenos e pequenas de tres anos seguimos familiarizándonos co funcionamento do Mouse-robot. Asemade, coñecemos un novo robot, Blue-bot, e fomos con él dende España a Alemania para situar aos Músicos de Bremen. Unha viaxe fabulosa!!!
Tamén, nos estamos afacendo ao o uso de novos dispositivos coma o Codey Rock.
Os nenos e nenas de 1º de Primaria, aproveitando os contidos traballados en CCSS sobre a cidade, elaboramos un taboleiro. Queredes devagar connosco pola nosa urbe???
Os nenos e nenas de 1º de Primaria, aproveitando os contidos traballados en CCSS sobre a cidade, elaboramos un taboleiro. Queredes devagar connosco pola nosa urbe???
Os rapaces e rapazas de 2º de Primaria, a través da ensinanza titorada entre iguais, guiamos aos novos compañeiros para realizar proxectos co Lego WeDo 2.0.
Os compañeiros e compañeiras de 3º de Primaria, xa veteranos neste tipo de actividades, resolvemos colaborativamente un novo reto, "Robot espía".
Namentres os máis pequenos traballamos e reforzamos a programación con diferentes robots, os maiores do colexio 4º, 5º e 6º de Primaria resolvemos retos con Scratch e Mblock.
A través de diferentes actividades propostas, aprendemos ciencia, tecnoloxía, física e matemáticas.
Deste xeito, mediante a formulación de problemas atopamos solucións empregando instrucións e algoritmos.
En definitiva, toda unha serie de actividades que pretenden promover o desenvolvemento do pensamento computacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario