05/12/19

Itinerarios lectores

Xa están en marcha nas aulas os itinerarios lectores. Os diferentes niveis dedican parte da primeira sesión á "Hora de ler". Polo de agora, na aula de 2º comezaron co título, "Eva y los planetas", moi relacionado cos contidos de CCSS traballados na aula.

En 3º xa remataron o exemplar "Cando a Terra esqueceu xirar", todo un éxito!!!
Na aula de 4º andan mergullados na lectura de "Dúas bágoas por máquina".
Namentres, en 5º de Primaria xa remataron a obra "A vaca titiriteira".
Os compañeiros de 6º, len simultaneamente dúas obriñas "Palabras de caramelo" e "El misterio de los hijos de Lúa". 
Na aula de 1º de Primaria andan na adquisición do proceso lector e acaban de crear cadanseu libro "Este son eu. A miña vida".
Por último, non podemos esquecer aos máis pequenos cuxas titoras se esforzan cada día traballando o fomento da lectura a través de contacontos e da dramatización, como fixeron os máis cativos do colexio co conto "Rapunzel".
Contacontos de Olga Cuervo nas aulas de Infantil

A maxia da fantasía a través da lectura ábrenos as portas de mundos marabillosos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario