Os nenos e nenas de 2° asistiron o pasado mércores 4 de decembro, moi ilusionados, á obra de teatro “ A nena e o grilo máis aló”.
A obra conta, a través da amizade, a cooperación, a tolerancia e a superación dos medos, unha historia onde os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertrude a Araña...
Buscando o modo de devolvela á vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao País dos Mortos. Alí tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.
Foi unha función moi entretida na que cantamos e rimos moito, mergullándonos na maxia da fantasía!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario