O xoves 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz e no cole realizamos unha morea de actividades.
Entre todos elaboramos fermosos corazóns, que contiñan palabras pola Paz, cos que crear o vistoso mural para o corredor principal e, amais, adobiar a nosa vestimenta.
Entre todos elaboramos fermosos corazóns, que contiñan palabras pola Paz, cos que crear o vistoso mural para o corredor principal e, amais, adobiar a nosa vestimenta.
Ese día, organizamos unha xuntanza e, con Julé e Gabriel como presentadores, compartimos diferentes momentos. Empezaron amosándonos o traballo de investigación que realizaron sobre a Paz: o porqué de celebrar este día, que significa a paz, como acadala...
Despois, visualizamos o "Abecedario pola Paz" que preparamos entre todos os niveis do colexio. A través de diferentes vocablos relacionadas coa Paz (amizade, beleza, compartir, dialogar, familia, liberdade, natureza, perdoar...) con cada unha das letras que os forman ideamos cadanseu acróstico utilizando palabras ou frases pola paz no mundo. Tamén , acompañamos as láminas con fermosos debuxos. Mirade o resultado:
A continuación, os compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria deleitáronnos coa canción "Peace" e a súa coreografía traballada co profe de inglés.
Logo, continuamos bailando e cantando "Se buscan valientes", canción que preparamos coa profe Hermitas (que nos ensinou unha divertida coreografía) e nas aulas. Velaquí o resultado:
Se queredes volver escoitar a canción...
Por último, todos e todas as valentes do colexio, completamos o mural "Valentes da Carballeira" no corredor coa nosa imaxe. Queredes ver com o fixemos???
A lección máis importante desta celebración, a Paz temos que conmmemorala todos os días do ano!!!
Velaquí a obra de teatro interpretada polos nenos de 1º de Primaria onde nos ensinan a compartir e convivir.
Velaquí a obra de teatro interpretada polos nenos de 1º de Primaria onde nos ensinan a compartir e convivir.
Se queredes ver todas as fotos deste día premede AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario