07/02/20

Sorpreeesa..., Orbil!!!

O xoves, despois do recreo, recibimos unha pracenteira sorpresa. Orbil visitounos no cole da Carballeira!!!

Orbil e o seu axudante, amais de amenizarnos cun baile, dixéronnos que do 6 ao 27 de marzo abre as súas portas o Salón do Libro en Pontevedra, cuxa temática será o humor, e que todos estamos convidados.
Antes de marchar, fixemos unha morea de fotos. Como non..., comezou coas nosas Devoradoras de Libros deste curso.
A continuación, todos as aulas de Infantil e Primaria fotografámonos cunha das nosas mascotas favoritas!!!
Foi un día inesquecible!!!
Orbil, vémonos na próxima visita ao Salón do Libro no mes de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario