Nesta XXI Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra a temática é o "Humor". Porén, dende o cole realizamos unha maqueta e un traballo escrito con ese lema.
A nosa maqueta representa dunha forma divertida as diferentes estancias e peculiaridades do noso cole.
O noso traballo escrito "13, Rúa da Camboa", unha recompilación de cómics elaborados polo alumnado de Primaria.
Organizamos diferentes obradoiros creativos (animación á escritura, plástica, modelado, pintura...) nas aulas para materializar todas as nosas ideas e obter os resultados que xa vos amosamos.
Convidámosvos a que visitedes o Salón do Libro en familia a partir do venres 6 de marzo para poder apreciar todas as achegas. De momento, o cole percorrerá as diferentes salas o vindeiro luns 9 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario