06/03/20

8 de marzo: Día da Muller

Cada 8 de marzo conmemórase en todo o mundo a loita das mulleres pola igualdade, o recoñecemento e exercicio efectivo dos seus dereitos. Nós contribuimos diariamente organizando actividades que visibilicen o importante rol da muller na sociedade, fomenten o respecto e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Nas aulas realizamos un labor de investigación: Pioneiras no ámbito científico-tecnolóxico.



Pescudamos, consultamos e recompilamos información sobre extraordinarias mulleres Pioneiras da ciencia que nos aportaron un gran legado na física, nas matemáticas, na tecnoloxía, na computación...
Creamos pósters e expuxémolos nos corredores...
Levamos para casa un libro sobre mulleres pioneiras para ler en familia e, logo, expoñer na aula os traballos e debuxos.
Os compañeiros e compañeiras de Infantil, amais, compuxeron un fermoso mural sobre as mulleres máis importantes na súa vida:
Preme AQUÍ para acceder á actividade dos nenos e nenas de Infantil
Na nosa biblioteca tedes a vosa disposición, durante todo o curso, unha recompilación de libros (biográficos e narrativos) que promoven a igualdade:

Ningún comentario:

Publicar un comentario