15/04/20

Confinamento coa Prensa-Escola de A Voz de Galicia

Achegámosvos un recurso moi interesante para aqueles e aquelas que queirades complementar as actividades de repaso de comprensión e expresión oral e escrita. O xornal A Voz de Galicia actualiza na web do suplemento educativo A Voz da Escola (www.prensaescuela.es) de luns a venres varias seccións ata que finalice o curso.


A súa finalidade, acompañar a profesores e alumnos neste período de necesario confinamento. Así é que diariamente renova a Noticia do día e a sección test de actualidadeCompletan a páxina web as seccións Tal día como hoxe e os e-studios de noticias (cuxa actualización non será diaria).
Tamén, todos os días, de luns a venres, renova a Pregunta a un científico e a Pregunta a un xornalista, seccións nas que científicos e xornalistas responden as cuestións que lles seguen expondo os alumnos e alumnas.
Xa sabedes, quen desexe ten a súa disposición o material pedagóxico de La Voz da Escola para traballar o xornal desde a casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario