"Le, abre as túas ás e viaxa" é o lema co que este ano a UNESCO nos convida a celebrar o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Dende o colexio, e co apoio das familias, para conmemorar este día, 23 de abril, usamos o poder da lectura para combater o illamento, comunicarnos, entreternos, visitar lugares fantásticos, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade con esta actividade.
No blog dos Pequerrech@s querémosvos presentar os contos que máis lles gustaron nestes días que teñen tanto tempo para gozar do pracer da lectura compartida en familia.
![]() |
Preme AQUÍ pra acceder as recomendación lectoras dos máis pequenos do cole |
As lecturas compartidas e composicións escritas creadas polos nenos e nenas de 1º de Primaria...
O poema gravado e escenificado virtualmente polos compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria extraído do libro traballado na aula "Poemar o Mar".
E, como non, o mural exposto no corredor cos traballos realizados polos mozos e mozas de 4º de Primaria tras a lectura do libro "Palabras de Caramelo".
Por certo, neste mural tedes recollidos todos os títulos lidos e recomendados polos vosos compañeiros e compañeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario