Para celebrar a Festa dos Maios recibimos unha fabulosa cantiga da familia Quesada Rodríguez como contribución aos MAIOS deste 2020 pandémico.
As Festas dos Maios, antigamente, en Galicia celebraban a chegada da primavera e o remate do inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.
Hoxe en día, son a manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais (musgo, fiúncho, flores silvestres, ovos, laranxas, paus...) e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.
Velaquí tedes a cantiga recitada e cantada pola familia de Teo e Carla arredor do seu maio para que todos gocemos desta festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario