25/09/20

"Hora de ler"

Este curso, durante a "Hora de Ler", continuamos dedicando un tempo á lectura antes ou despois do recreo no patio. Comezada esta actividade, queremos compartir convosco o traballo que estamos a realizar.

Neste mes de setembro, as alumnas e alumnos de 6º de EI estamos a pechar, emocional e afectivamente, o curso pasado. Por iso dedicamos estes días a identificar, discriminar, expresar e xestionar as emocións que sentimos.
Esta semana, aproveitando os itinerarios lectores do curso, limos un libro que nos gustou moito: “El nudo del afecto”. Conta a historia dun pai que traballaba moito para manter a súa familia e só podía estar co seu fillo na fin de semana. Aínda así atopou o xeito de demostrarlle canto o quería. 
Nós, na clase, decidimos facer un debuxo onde cada un/unha amosara como lle faría saber ao seu pai o afecto que sentía por el.
Aí van os debuxos, a ver que vos parecen. 

Namentres, en 5º de Educación Infantil traballamos o libro "O lobo feroz" en formato dixital. Contando a historia a través da narración oral, o álbum ilustrado e o cinema. Outras formas de gozar da lectura  a través das novas tecnoloxías. Tras o conto, non faltaron as actividades de animación á lectura.

Os nenos e nenas de 1º de Primaria escoitamos, moi, moi atentos, o audio libro "El topo que quería saber quién había hecho aquello en su cabeza". Completamos o itinerario ilustrándoo.

Os nenos de 2º de Primaria, empregando o libro de lectura da aula, preparamos a lectura colectiva dunha canción que sen dúbida todos e todas coñececes.

Os rapaces de 3º de Primaria, lemos "Feliz, Feroz. O lobiño riquiño". Todo unha entretida aventura.

Por outra banda, en 4º de Primaria comezamos o Itinerio Lector "Correo urxente" de Paula Carballeira.

"Meu avó o presunto" de Paloma Bordóns, é o Itinerario Lector elixido  para 5º de Primaria.

E por último, as maiores do cole, as compañeiras de 6º de Primaria, andan sumerxidas no libro "A lagoa das nenas mudas" de Fina Casalderrey.

En canto teñamos máis novas sobre a "Hora de ler", farémosvolas chegar. Mentres, seguiremos gozando destes exemplares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario