18/11/20

De maior quero ser...

"De maior quero ser...": trapecista, coidador de cans, director de cine, contadora de contos, gamer, mariñeiro, palista, surfeira, panadeira, cociñeiro, astronauta, zoóloga mariña, humorista, ferreteiro, palentólogo, bailarina, mestre, mecánico, policía, militar, científico, bombeiro, veterinaria, etc. 

Non teriamos espazo suficiente no blog para escribir os moitísimos oficios aos que lles gustaría dedicarse os nosos rapaces e rapazas cando sexan maiores. 

Sen dúbida, imos contar con verdadeiros e verdadeiras profesionais!!!

A través desta actividade quixemos visibilizar o Día Internacional do Neno, celebrado cada 20 de novembro, difundindo e traballando nas aulas que todos os meniños e meniñas do planeta teñen dereito á educación, á protección, á saúde, a xogar, á familia, a ter un nome, a non ser discriminados, a opinar e ser escoitados.

 "De maior quero ser..."

Ningún comentario:

Publicar un comentario