24/11/20

Novos Itinerarios Lectores!!!

Novidades na "Hora de ler". Nas aulas renovamos os Itinerarios Lectores. En 1º de Primaria dedicamos esta sesión á lectura en voz alta e colectiva de diferentes títulos cun traballo final moi creativo:

As nenas e nenos de Educación Infantil, dentro do noso proxecto Colorín colorado estamos investigando sobre outras formas de ver e escoitar  os contos: teatro, monicreques, contos animados, kamishibai...

Os compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria empezamos a lectura de "As fadas verdes".

As rapazas de 6º de Primaria comezamos o libro "Gracias a Winn Dixie".

Os mozos e mozas de 3º, mergullámonos na lectura de "Pequeno Tolo".

As nenas e nenos de 6º de Infantil coñecemos unha morea de rimas e poesías. Unhas cortiñas, outras máis longas. Unhas en galego outras en castelán. Tanto ten, gústannos todas. Aquí vos deixamos algunhas das que aprendemos sobre o outono.




Por outra banda, os nenos e nenas de 5º de Primaria, entretémonos con "Fede quiere ser pirata".

Namentres, esta semana de novembro a clase na 4 anos estivemos a botarlle un ollo as diferentes vivendas que hai no mundo, dende as haimas, pasando polos iglús e incluso os rañaceos de NY. Quedamos atrapados!! 

En 2º de Primaria rematamos Carabuñas, El Grúfalo, A casa da mosca Chosca. Logo, traballamos a creatividade ilustrando a parte do libro que máis nos gustou!!

Ata o de agora, este é o percorrido literario dos nosos lectores e lectoras nas aulas de Infantil e Primaria!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario